Estamos a crear o documental Beiras.Vivir2Veces, un percorrido pola nosa realidade actual e historia recente a través da mirada e reflexións de Xosé Manuel Beiras. Queremos ofrecerche a oportunidade de participar de forma activa desde o inicio na construción dun audiovisual histórico e necesario. Por iso convidámoste a formar parte da súa creación colectiva. Poderás recibir recompensas únicas e participar durante todo o proceso de elaboración do proxecto como un máis deste equipo que che dá a benvida.
A campaña está xa activa en Verkami, unha plataforma de creación colectiva. Podes acceder a ela en vkm.is/beiras ou premendo no botón de PARTICIPA