26 / 05 / 2021
Dende que a web de Beiras.Vivir2Veces abriu, xa están dispoñibles para os mecenas as primeiras pezas do webdoc.
Beiras.Vivir2Veces é un proxecto no que queremos contar a Beiras dende tres ángulos: lugares, fotos e conversas. Esas son as tres categorías nas que organizamos as pezas.
Empezamos subindo a conversa de Xosé Manuel Beiras con Xosé Luis Méndez Ferrín e seguimos coa conversa con Rosa Regueiro, profesora da facultade de Económicas e os seus alumnos, na que Beiras repasou a súa etapa como docente e a súa visión da economía.
Estreamos a sección de lugares cunha peza sobre París, na que Beiras fai un repaso da capital francesa e dos distintos París que el viviu: o do descubrimento do mundo, o dos anos sesenta e o dunha segunda vida, nos oitenta.
A nova peza que subimos é a conversa con Manoel Santos, militante ecoloxista, altermundista e coordinador de Greenpeace en Galicia. Nesta ocasión, ambos comparten as súas ideas. Conversan sobre o futuro, sobre a ecoloxía, o altermundismo e sobre outros mundos posibles.
Estes contidos están dispoñibles para os mecenas na sección de Acceso. Próximamente abriremos a posibilidade de mercar acceso ao público xeral. Se tes calquera problema ao acceder, contacta connosco en info@vivir2veces.com.