O MAR, Esteiro
O mar coma referente vital, e Esteiro coma o lugar desde o que abordalo. O lugar onde transcorreron os veráns da infancia de Beiras, e o lugar ó que segue volvendo hoxe.
Duración: 31 min.
A POLÍTICA
CONVERSA CON
Martiño Noriega
- 29 de outubro de 2018
- Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela
- Duración: 79 minutos
Beiras conversa con Martiño Noriega, nese momento alcalde de Santiago. Non é o encontro entre un mentor e un herdeiro político, senón entre dous afíns, dous cómplices. Con esa complicidade falan do exercicio da política, do nacionalismo, da vida.
A CULTURA
CONVERSA CON
Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Flor Maceiras e Luísa Martínez.
- 20 de outubro de 2018
- Fuco Lois. Santiago de Compostela
- Duración: 111 minutos.
Nun bar do casco histórico de Compostela Beiras encóntrase con Flor, Luisa, Miguel e Pepe. Son amigos, xente da literatura e do teatro, coa que falar do valor da cultura coma parte da vida privada, pero tamén da vida en comunidade.
A REBORAINA
A Reboraina, en Brión, é a casa que Beiras e Aurichu rehabilitaron para facer a súa vida nos últimos trinta anos.
Duración: 25 minutos.



