O MAR, Esteiro
O mar coma referente vital, e Esteiro coma o lugar desde o que abordalo. O lugar onde transcorreron os veráns da infancia de Beiras, e o lugar ó que segue volvendo hoxe.
Duración: 31 min.
A REBORAINA
A Reboraina, en Brión, é a casa que Beiras e Aurichu rehabilitaron para facer a súa vida nos últimos trinta anos.
Duración: 25 minutos.
COMPOSTELA
Beiras é compostelano. Santiago é a cidade na que naceu e medrou, na que está a Universidade da que foi primeiro estudante e logo catedrático, a cidade que é sede do Parlamento de Galicia. As rúas de Compostela son espazo de formación e vida para Beiras.
Duración: 37 minutos.
PARÍS
A capital francesa é unha cidade varias veces decisiva na vida de Beiras. Un repaso polos distintos París que viviu: o do descubrimento do mundo, o dos anos sesenta e o dunha segunda vida, nos oitenta.
Duración: 90 minutos.