Beiras. Vivir 2 Veces é un documental que ten dúas versións. Unha é unha longametraxe, dispoñible actualmente en Filmin.
A outra son as pezas que fomos gravando con Beiras nunha rodaxe que seguiu tres regos paralelos: conversas, lugares e fotos.
Para facilitar a consulta, cada peza está indexada cos seus principais contidos
Beiras encóntrase con amigos, colegas, persoas afíns… Cada conversa leva por título o tema que os reúne.
Beiras fai un repaso da súa traxectoria vital a partir dunha serie de fotografías que el mesmo escolle. Retratos, instantáneas, documentos… Fotografías da familia, a escola, a amizade, as crises, a política, o amor... As vidas de Beiras nun feixe de imaxes.
Beiras volve a catro lugares clave nalgunha etapa do seu percorrido vital, que gardan un significado especial.